jueves, 20 de febrero de 2014

AVISO VIGO EN XOGO 19-02-2014


Comunícase que, cando nas Actas non sae o número da licenza e as siglas do Delegado ou dun xogador, é que está sancionado ou esta de baixa polo Seguro Deportivo.
Se o Delegado ou un xogador que estea sancionado ou de baixa polo Seguro Deportivo, entrégalle a licenza ou outro documento de identificación, e o árbitro o fai constar na Acta, será sancionado.

No caso de estar sancionado, aplicaráselle o Artigo 13 ou 17 das Normas Xerais desta Tempada.

E no caso de estar de baixa polo Seguro Deportivo, o xogador, o delegado no encontro e o equipo serán sancionados polos Artigos, 10.9 e 11.8 das Normas Xerais desta Tempada.
Co fin de que a Organización non teña que aplicar ningún destes artigos, lembrámoslles que os sancionados de cada xornada están expostos os martes polo xeran nos taboleiros desta Organización no Instituto Municipal dos Deportes; ademais se publican os mércores na paxina web www.vide.es

Todos os xogadores lesionados e que saen na lista, identificados pola súa licenza e equipo, non poden volver a xogar, mentres non entreguen a súa alta médica na oficina da Organización ou o centro concertado polo seguro a entregue.

Co fin de que non se produzan malas interpretacións sobre os xogadores que están de baixa, os xoves poranse no taboleiro e na paxina web www.vide.es, os xogadores que se lesionaron na xornada e si están de baixa, así como as altas.

O protocolo de actuacións, no caso de lesionarse e necesitar asistencia sanitaria cuberto pola Póliza do Seguro Deportivo é o seguinte:

Aos efectos  desta prestación é necesario que a primeira asistencia sanitaria que cubre a póliza do seguro sexa recibida nos 3 seguintes días de producida a lesión.

Para acceder a mesma é imprescindible seguir as seguintes normas impostas pola compañía aseguradora VidaCaixa a través da súa plataforma de sinistros xestionada polo RACC.

O accidentado terá que levar e entregar no centro concertado HOSPITAL NUESTRA SEÑORA DE FÁTIMA, a seguinte documentación:

- Parte do sinistro, o vale, a copia da acta onde consta a lesión e a súa licenza que lle será devolta.

No caso de que deixe de entregar algunha documentación terá que entregala no prazo máximo de 72 horas  a contar dende a data do encontro onde resultou lesionado.

No caso de non facelo en dito prazo, a compañía aseguradora rexeitará o sinistro e non aboará a/s factura/s correspondentes a asistencia sanitaria prestada no Hospital concertado, polo que este reclamará os  gastos orixinados ao lesionado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario