lunes, 3 de marzo de 2014
martes, 25 de febrero de 2014
domingo, 23 de febrero de 2014
jueves, 20 de febrero de 2014
AVISO VIGO EN XOGO 19-02-2014
Comunícase que, cando nas Actas non sae o número da licenza e as siglas do Delegado ou dun xogador, é que está sancionado ou esta de baixa polo Seguro Deportivo.
Se o Delegado ou un xogador que estea sancionado ou de baixa polo Seguro Deportivo, entrégalle a licenza ou outro documento de identificación, e o árbitro o fai constar na Acta, será sancionado.
No caso de estar sancionado, aplicaráselle o Artigo 13 ou 17 das Normas Xerais desta Tempada.
E no caso de estar de baixa polo Seguro Deportivo, o xogador, o delegado no encontro e o equipo serán sancionados polos Artigos, 10.9 e 11.8 das Normas Xerais desta Tempada.
Co fin de que a Organización non teña que aplicar ningún destes artigos, lembrámoslles que os sancionados de cada xornada están expostos os martes polo xeran nos taboleiros desta Organización no Instituto Municipal dos Deportes; ademais se publican os mércores na paxina web www.vide.es
Todos os xogadores lesionados e que saen na lista, identificados pola súa licenza e equipo, non poden volver a xogar, mentres non entreguen a súa alta médica na oficina da Organización ou o centro concertado polo seguro a entregue.
Co fin de que non se produzan malas interpretacións sobre os xogadores que están de baixa, os xoves poranse no taboleiro e na paxina web www.vide.es, os xogadores que se lesionaron na xornada e si están de baixa, así como as altas.
O protocolo de actuacións, no caso de lesionarse e necesitar asistencia sanitaria cuberto pola Póliza do Seguro Deportivo é o seguinte:
Aos efectos desta prestación é necesario que a primeira asistencia sanitaria que cubre a póliza do seguro sexa recibida nos 3 seguintes días de producida a lesión.
Para acceder a mesma é imprescindible seguir as seguintes normas impostas pola compañía aseguradora VidaCaixa a través da súa plataforma de sinistros xestionada polo RACC.
O accidentado terá que levar e entregar no centro concertado HOSPITAL NUESTRA SEÑORA DE FÁTIMA, a seguinte documentación:
- Parte do sinistro, o vale, a copia da acta onde consta a lesión e a súa licenza que lle será devolta.
No caso de que deixe de entregar algunha documentación terá que entregala no prazo máximo de 72 horas a contar dende a data do encontro onde resultou lesionado.
No caso de non facelo en dito prazo, a compañía aseguradora rexeitará o sinistro e non aboará a/s factura/s correspondentes a asistencia sanitaria prestada no Hospital concertado, polo que este reclamará os gastos orixinados ao lesionado.
jueves, 13 de febrero de 2014
Copa Futbol Sala Vigo en Xogo 2014
EL TORNEO SE DISPUTARÁ DESDE EL 10 DE MAYO HASTA EL 08 DE JUNIO 2014
CUADRO FUTBOL SALA 1º
CUADRO FUTBOL SALA 2º
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

